Praia de Miño
Esta é a praia máis cercana á nosa casa. E ben fermosa por certo. Ten bandeira azul da CE desde 1984 e mesmo foi descatada como unha das mellores do Estado.
Máis de 2 km de areal, con servicios de duchas, baños, socorrismo, unha praia cómoda e segura.
Pero ademais Miño ten outras praias coma a da Ribeira, moi apropiada para ir con nenos pequenos porque a auga apenas cubre,.ou a de Perbes. Tamén están moi perto a praia da Madalena en Cabanas, ou a de Raso en Ares, e moitas máis.