Centro para a resiliencia
A RESILIENCIA é un termo que se aplica a moitas disciplinas. En ecoloxía é a capacidade das comunidades de soportar impactos ou perturbacións ambientais, de adaptarse e recuperarse adquirindo novas ferramentas e capacidades.
Este é o último proxecto que estamos a poñer en marcha. Dende fai uns anos xa facémonos conscientes de que a gran crise que estamos a vivir ten un calado sin precedentes e de que estamos fronte a un fin de era, no que será necesario cambiar profundamente a nosa maneira de producir e consumir. Chegamos a aqueles “Limites do cremento” e enfrontámonos a unha crise de recursos, da que o expoñente máis salientable é o Cenit do petróleo ou Peak Oil pero que tamén atinxe a outras materias primas, que pode facer que a nosa organización social colapse. Entón xúrdenos a necesidade de dar a coñecer esto e facer o que estea na nosa man para facernos máis resilientes precisamente, como individuos pero tamén como comunidade, porque só así poderemos superar este reto.
Nun primeiro momento esta necesidade levounos a organizar cursos aquí na casa encamiñados todos eles a aumentar a resiliencia, a nosa autosuficiencia, a facernos menos dependentes dos insumos externos. Cursos de bioconstrucción, de plantas medicinais, de instalacións fotovoltaicas, de conservas caseiras… Agora decidimos que esto debería ter un corpo máis definido e unha orientación máis ampla e por iso creamos o CENTRO DE RESILIENCIA DE POUSADOIRA, (CRP) co ánimo de informar, divulgar, formar para a superación deste impás civilizatorio.
Se queres saber máis deste proxecto de contado visita o web do Centro para a Resiliencia Pousadoira.