Entorno
Casa Pousadoira atópase nunha pequena aldea do mesmo nome, a paisaxe é agrícola e forestal, estamos no val do río Lambre, que pasa a 1 km da casa.
Os aredores son ideais para camiñar, dar un paseo até o río Lambre ou até a fonte e capela de Augas Santas, ou facer un percorrido polo río do Medio, un pequeno regato de auga que agrupa sete muiños e unha antiga central hidroeléctrica. É realmente difícil comunicar nunhas poucas fotos a beleza desta paraxe, que ademáis representa o inxenio dos nosos antergos para sacar a máxima utilidade a esta pequena canle de auga.
O núcleo urbán máis próximo é Miño, a 8 km, que conta tamén cunha magnífica praia, bandeira azul da CE.
Betanzos está a 15 km, o mesmo que Pontedeume, ámbolos dous con cascos históricos moi interesantes.
A Coruña a 30 km e Santiago a 60, Lugo a 1 hora, ten unha muralla romana que é patrimonio da humanidade.
AS FRAGAS DO EUME: merecen unha mención destacada; parque natural, o bosque atlántico mellor conservado de Europa, está a 18 km. Amáis do interese botánico importantíximo, está tamén o interés histórico e artístico, dos mosteiros, o castelo de Andrade, igrexas, así coma a paisaxe, dende as terras baixas próximas ao mar de Pontedeume, até as máis outas do interior, de Monfero ou A Capela, onde predominan as pasteiras para o gando.
Tamén é factible visitar dende Casa Pousadoira a Costa da Morte cara ao sur e a Serra da Capelada até Ortigueira cara ao Norte, visitando o enclave emblemático de San Andrés de Teixido. Este último anaco de costa, dende Ferrol a cabo Ortegal é menos coñecido pero non menos fermoso. A Serra da Capelada proporciona unhas vistas impresionantes, xa que ten cantís de 600 m de altitude ao carón do mar. A paisaxe é agreste e grandiosa.
Descubre tamén a nosa sección de lugares que visitar.