Pontedeume
Vila situada na desembocadura do Rio Eume, na aba do monte Breamo.
De pasado medieval, percíbese nas súas rúas a pegada dos Condes de Andrade, como por exemplo no torreón que ainda preside maxestuoso a vila. Como o seu nome indica, a seña de identidade por excelencia de Pontedeume é a súa ponte de pedra sobre o río Eume, que ainda que non é a orixinal construida na época dos Andrade, mantén a esencia do que foi un paso estratéxico en todas as épocas.
O entorno de Pontedeume ofrécenos tamén un variado atractivo. Remontando o río Eume atoparemos as Fragas do Eume, parque natural de singular importancia e beleza. Atravesando a ponte accedemos á praia da Madalena, estupenda para o baño. No alto do monte Breamo está a igrexa románica de San Miguel de Breamo, que é o que queda do antigo mosteiro. As vistas sobre a Ría son excelentes desde este punto, o mesmo que se nos achegamos ata o Castelo de Andrade.