Ponte do Porco
Ponte do Porco, este é o lugar no que desemboca o Río Lambre, que pasa, 6 km máis arriba, moi perto de Casa Pousadoira. É un lugar tranquilo e moi fermoso, onde se pode dar un paseo á beira do río que se funde co mar. Tamén se pode un sentar a tomar algo ou mesmo a comer no Bar Alameda. Por aquí pasa tamén o Camiño Inglés a Santiago de Compostela.