Tempo de facer champán de sabugueiro
Procurando aproveitar os recursos que temos á man, o que a natureza nos ofrece xenerosamente, imos elaborar champán de sabugueiro, unha bebida refrescante para o verán e moi doada de facer.
Empezamos por recoller as flores de sabugueiro, ou bieiteiro, (Sambucus nigra), durante a primavera. É importante que as recollamos cando leva dous ou tres días sin chover, para que non estean lavadas as levaduras naturais responsables de facer a fermentación que dará lugar á nosa bebida.
Eu poño dúas flores por cada litro de auga, e 100 gr de azúcar. A auga debe ferverse para evitar contaminacións indesexadas que poden alterar a fermentación e o sabor, e logo engádese o azúcar e as flores, estas últimas cando estea a auga morna, pois se as engadimos cando está moi quente mataremos as levaduras que nos interesan. As flores non se lavan, pola mesma razón que hai que recollelas cando leva algún tempo sin chover, como moito sacúdense e mírase que non leven algún insecto.
Esta mestura de auga, azúcar e flores se deixase macerando uns días, entre dous e cinco, canto máis calor faga menos tempo fai falla. Despóis emgarrafamos o líquido en botellas con peche hemético, tipo gaseosa, ou con tapa de rosca, que idealmente deberían estar esterilizadas con auga fervendo, ou desinfectadas, pode valernos o desinfectante que se usa na elaboración de cervexa artesanal, ou ben unha disolución de lexía ao 10%, etanol ou agua oxixenada (estes sin diluir). Deixar que as botellas escurran perfectamente colocándoas boca abaixo.
Ao fermentar o azúcar xenerará gas carbónico e un lixeiro grado alcólico.
Gardamos nun lugar oscuro e fresco e esperamos uns 20 días para probalo. Está máis rico ben fresquiño, pode conservarse bastantes meses se o elaboramos ben e non se nos contamina, mesmo para brindar por fin de ano.