Unha nova edición do noso curso de elaboración de cervexa terá lugar o 12 e 13 deste mes, e este xa será o último desta primavera. Así que se queredes presumir de cervexa artesá este verán feita por vós mesmos facede un oco, que aprender é moi sinxelo e facer a nosa propia cervexa algo moi asequible.
Coma sempre comenzaremos o sábado coas nocións teóricas pola mañá, e despois do xantar, no que cataremos cervexa artesán, continuaremos pola tarde facendo a práctica de elaboración, práctica que continuará o domingo pola mañá. Explicarase todo o proceso, incluindo o malteado do cereal.
CONTIDOS DO CURSO
- Presentación do curso
- Visión global do proceso biotecnolóxico
- Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa
- Etapas na elaboración da cervexa
- Clausura do curso (embotellado da cervexa)
Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.
IMPARTIDO POR
Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.
DATAS: 12 e 13 de abril de 2014.
O 12 todo o dia e o 13 pola mañá.
LUGAR: Casa Pousadoira.
Pousadoira, Callobre Miño A Coruña
PREZO DO CURSO: 45.00 euros.
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido.
Comidas: 10.00 euros cada unha.
MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS. 981777898 607767369 ou info@pousadoira.com