Arquivos da etiqueta: plantas medicinales

Identificación e usos das plantas medicinais máis frecuentes no noso entorno. 15 e 16 de xuño de 2013

Dada a boa acollida que tivo o ano pasado o curso de plantas medicinais repetimos este ano. Durante a primavera e principios do verán os campos están cheos de herbas e flores que poden servir como remedios para as máis diversas doenzas. Aprenderemos, de novo con Noa Vázquez Rendal, a identificar unha boa cantidade destas plantas, primeiro nunha sesión teórica e logo no campo, recolectaremos algunhas delas e prepararemos algúns remedios.

PROGRAMACIÓN

Sábado 15 de xuño

  1. Breve historia da fitoterapia
  2. Plantas máis utilizadas nas doenzas máis frecuentes
  3. Principais plantas medicinais en Galicia e usos
  4. Familiarización coas guías de plantas. Conceptos botánicos básicos
  5. Saida ao campo para o recoñecemento e recolección de plantas
  6. Cómo elaborar un herbario

Domingo 16 de xuño

  1. Tratamento das plantas medicinais recollidas
  2. Formas de aplicación das plantas medicinais
  3. Prácticas: elaboración de infusións, decoccións, tinturas, cataplasmas, aceites, etc.

IMPARTIDO POR Noa Vázquez Rendal. Licenciada en Bioloxía Ambiental e en Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos. Experta en Fitoterapia e Nutrición.

PREZO: 45.00 euros
COMIDAS: 8 euros cada unha
ALOXAMENTO noite do sábado máis almorzo do domingo: 20.00 euros persoa en cuarto doble

INSCRIPCIÓNS: 981777898   607767369   info@pousadoira.com 

Curso teórico-práctico sobre recoñecemento e usos das plantas medicinais máis frecuentes no noso entorno

No mes de xuño, impartirase en Casa Pousadoira outro curso, esta vez sobre os usos terapéuticos das plantas. Aprenderemos moitas cousas sobre as plantas medicinais que nos podemos atopar no noso entorno máis inmediato, empezando por recoñecelas, os seus usos e contraindicacións, e tamén cómo empregalas na práctica caseira mediante as distintas técnicas de aplicación.

PROGRAMACIÓN

Sábado 16 de xuño

  1. Breve historia da fitoterapia
  2. Plantas máis utilizadas nas doenzas máis frecuentes
  3. Principais plantas medicinais en Galicia e usos
  4. Familiarización coas guías de plantas. Conceptos botánicos básicos
  5. Saida ao campo para o recoñecemento e recolección de plantas
  6. Cómo elaborar un herbario

Domingo 17 de xuño

  1. Tratamento das plantas medicinais recollidas
  2. Formas de aplicación das plantas medicinais
  3. Prácticas: elaboración de infusións, decoccións, tinturas, cataplasmas, aceites, etc.

IMPARTIDO POR   Noa Vázquez Rendal. Licenciada en Bioloxía Ambiental e en Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos. Experta en Fitoterapia e Nutrición.

PREZO: 40.00 euros

COMIDAS: 8 euros cada unha.
ALOXAMENTO noite do sábado máis almorzo do domingo: 20.00 euros persoa en cuarto doble

INSCRIPCIÓNS: 981777898   607767369   info@pousadoira.com