Coma en anos anteriores repetimos co curso de plantas medicinais. Será o 5 de xullo, e nesta ocasión dun día de duración. Pola mañá faceremos unha breve sesión teórica, cunha introdución á fitoterapia e repaso das preparacións máis frecuentes e asequibles que podemos facer a partir de plantas. Logo sairemos ao campo para recoñecer e recoller plantas. E xa pola tarde teremos un obradoiro práctico de elaboración de recetas con Carmela Valiño, de Milhulloa.
Data do curso: 5 de xullo de 2014
Horario: De 10 a 14 horas pola mañá e de 16 a 20 pola tarde
PROGRAMACIÓN
Mañá
- Breve historia da fitoterapia
- Plantas máis utilizadas nas doenzas máis frecuentes
- Principais plantas medicinais en Galicia e usos
- Tratamento das plantas medicinais unha vez recollidas
- Formas de aplicación das plantas medicinais
- Saída ao campo para o recoñecemento e recolección de plantas
Tarde
Elaboración de distintas receitas:
- Xarabes: afeccións respiratorias, menopausa, febre
- Locións e tinturas para dores reumáticas e musculares
- Pomada antiséptica
- Destilación por corrente de vapor (obtención de aceites esenciais)
IMPARTIDO POR
Begoña de Bernardo: Enxeñeira agrónoma, promotora do Centro para a Resiliencia Pousadoira.
Carmela Valiño: Socia traballadora en Milhulloa S.Coop. Galega, desde 2001, adicada á produción ecolóxica e transformación de plantas medicinais e aromáticas. Licenciada en Bioloxía pola USC.
PREZO DO CURSO
50.00 euros.
XANTAR: 9.00 euros.
Coma sempre pódese quedar a durmir na casa, cun desconto do 10% para as persoas que veñan facer o obradoiro.
INFORMACIÓN E RESERVAS
981777898 – 607767369