Arquivos da etiqueta: lá de ovella

Curso de procesado da la de ovella. 23 e 24 de novembro de 2019

CARTAZ CURSO LA POUSADOIRA 2019

O 23 e 24 de novembro de 2019 teremos unha nova edición do noso curso de procesado de la de ovella en Pousadoira. Coma noutras ocasións estará estruturado en tres obradoiros ben diferenciados, podendo @s participantes apuntarse a un, a dous ou aos tres. O curso desenvolverase ao longo da fin de semana, o sábado todo o día e o domingo pola mañá, e tamén coma sempre pódese quedar a durmir en Casa Pousadoira, e tamén xantar e cear.

Sábado 23 de 10 a 14 horas: Explicación teórica do procesado da la. Práctica de escarpizado, cardado con cardas manuais e cardadora de tambor, e fiado con fuso e con roda de fiar. Esta parte estará conducida por Begoña de Bernardo MIño, promotora do Centro para a Resiliencia Pousadoira

14 horas: Xantar

Sábado 23 de 16 a 20 horas: Bea Arias  do Fiadeiro será a encargada de levarnos polo mundo dos tinguidos. Explicación teórica dos principios do tinguido de tecidos con tintes naturais: tipos de fibras, tintes, mordientes, técnicas de tinguido e prantas tintóreas.  Madeixas de la tinguidas con tintes naturaisFaceremos prácticas de tinguido.

21 horas: Cea

Domingo 24 de 10 a 14 horas: Temos a sorte de contar unha vez máis con Sandra Vilas, creadora de Boina Galega, para elaborar unha prenda de feltro, outra maravillosa técnica para aproveitar a la.

PREZOS

Cada obradoiro por separado 25 euros, dous 50 euros e os tres 60 euros.

Xantar ou cea: 10 euros por persoa

Aloxamento con almorzo incluido en Casa Pousadoira: 20 euros por persoa en cuarto doble ou triple.

Non é preciso traer nada. Nos poñemos todos os materiais necesarios.

Información e inscripcións: info@pousadoira.com    981777898    607767369

Curso de procesado da lá. Fiado, feltrado, tinguido. 30/06 e 01/07 de 2018

Repetimos curso de procesado da lá. Traballaremos sobre o fiado, feltrado e tinguido. O curso desenvolverase duante o 30 de xuño, sábado, todo o día e o 01 de xullo pola mañá.

O sábado pola mañá explicaremos o proceso que seguimos para chegar do vellón ata o fío para tecer, e practicaremos a cardar e a fiar con fuso e con roda de fíar.

 

 

 

 

Pola tarde aprenderemos a feltrar, con Sandra Vilas, de Boina Galega

E finalmente o domingo pola mañá faceremos tincións da lá natural, tan bonitas coma sorprendentes, a base de herbas e flores, de elementos naturais que podemos atopar na nosa contorna.

Será Bea Arias quen nos guíe polos camiños dos tintes naturais

 

 

 

 

O custe de cada unha das tres partes do curso é de 25 euros por separado, 50 euros de dúas, e se vos apuntades ás tres 60 euros.

Coma sempre pódese quedar a xantar e a durmir en Casa Pousadoira. O custe do xantar e/ou cea é de 10 euros e a pernoctación de 20 euros por persoa en cuarto doble e 35 se é en uso individual.

Para máis información podedes escribirno a info@pousadoira.com ou chamar aos telefonos 981777898   607767369

Será na Casa Pousadoira, en Pousadoira, Callobre, MIño. Agardámosvos

Curso de procesado da lá. Fiado, tinguido, feltrado. Pousadoira, 4 e 5 de xuño de 2016

Novelos de lá de ovella
Lá de ovella fiada á man.

A lá das ovellas é un recurso fabuloso, que na actualidade a miúdo non é aproveitado. Aínda que laborioso, o procesado da lá é unha actividade moi creativa e agradecida, que nos dá grandes satisfaccións, ao permitirnos elaborar toda clase de tecidos. Fiada ou feltrada, tinguida de cores ou natural, será unha materia prima natural e agarimosa para multitude de prendas e tecidos. Dende mantas ata bolsos, prendas de vestir, accesorios… existen infinitas posibilidades de uso da lá.

No Centro para a Resiliencia Pousadoira temos claro que o procesado da lá é unha actividade a rescatar e poñer en valor, e por iso vimos organizando varios obradoiros en torno a esta materia. O próximo será este mes de xuño.

CONTIDOS:

Fiando na roda

Sábado 4 de xuño pola mañá:  Fiado de lá de ovella con fuso e con roda de fiar.  Partiremos de lá de ovella natural e aprenderemos a facer fío listo para tecer.  Tamén veremos o lavado e cardado da lá. Con Begoña de Bernardo, do Centro para a Resiliencia Pousadoira

Fieltrado de lá

Sábado 4 de xuño pola tarde: Obradoiro de iniciación ao feltrado.       Neste caso, a partires da lá faceremos un pano de feltro, utilizando as técnicas de mollado e con agulla, e elaboraremos unha pequena peza. Con Sandra Vilas, artesá téxtil e creadora de “Boina Galega”.

Lás tinguidas con tintes naturais

Domingo 5 de xuño pola mañá: Tinguido de lás con tintes naturais.  Para completar o traballo faceremos tintes e tinguidos. Bea Arias, a nosa alquimista, introduciranos no mundo dos tintes cun obradoiro onde repasará os tipos de fibras, os tintes, mordentes, as técnicas de tinguido, plantas tintóreas, e daranos algunha receta. Así mesmo faceremos algúns tinguidos .

Prezo do curso:  Cada obradoiro por separado 25.00 euros e apúntandose aos tres 50.00 euros

Xantar do sábado: 9.00 euros

Pernoctación en Casa Pousadoira de sábado a domingo con almorzo incluido: 20.00 euros persoa.

INFORMACIÓN E RESERVAS:  info@pousadoira.com,  981777898   607767369