Arquivos da etiqueta: galicia

Obradoiro 2014 de introdución á fitoterapia. Identificación e usos de plantas medicinais presentes no noso entorno

IMG_2241

Coma en anos anteriores repetimos co curso de plantas medicinais. Será o 5 de xullo, e nesta ocasión dun día de duración. Pola mañá faceremos unha breve sesión teórica, cunha introdución á fitoterapia e repaso das preparacións máis frecuentes e asequibles que podemos facer a partir de plantas.  Logo sairemos ao campo para recoñecer e recoller plantas.  E xa pola tarde teremos un obradoiro práctico de elaboración de recetas con Carmela Valiño, de Milhulloa.

Data do curso: 5 de xullo de 2014
Horario: De 10 a 14 horas pola mañá e de 16 a 20 pola tarde

PROGRAMACIÓN

Camomila romana (Chamaemelum nobile). Foto de H. Zell. Fonte: Wikimedia Commons.
Camomila romana (Chamaemelum nobile). Foto de H. Zell. Fonte: Wikimedia Commons.
Mañá

  1. Breve historia da fitoterapia
  2. Plantas máis utilizadas nas doenzas máis frecuentes
  3. Principais plantas medicinais en Galicia e usos
  4. Tratamento das plantas medicinais unha vez recollidas
  5. Formas de aplicación das plantas medicinais
  6. Saída ao campo para o recoñecemento e recolección de plantas

Tarde

Elaboración de distintas receitas:

  • Xarabes: afeccións respiratorias, menopausa, febre
  • Locións e tinturas para dores reumáticas e musculares
  • Pomada antiséptica
  • Destilación por corrente de vapor (obtención de aceites esenciais)

IMPARTIDO POR

Begoña de Bernardo: Enxeñeira agrónoma, promotora do Centro para a Resiliencia Pousadoira.

Carmela Valiño: Socia traballadora en Milhulloa S.Coop. Galega, desde 2001, adicada á produción ecolóxica e transformación de plantas medicinais e aromáticas. Licenciada en Bioloxía pola USC.

PREZO DO CURSO

50.00 euros.

XANTAR: 9.00 euros.

Coma sempre pódese quedar a durmir na casa, cun desconto do 10% para as persoas que veñan facer o obradoiro.

INFORMACIÓN E RESERVAS

 

981777898 – 607767369

info@pousadoira.com

Plantas medicinales - Plantas medicinais

O Centro para a Resiliencia Pousadoira na outra TV

O pasado día 1 de abril a canle de TV por Internet Galiza Ano Cero emitiu un debate en torno á publicación do libro «Guía para o descenso enerxético».

No debate participou Begoña de Bernardo, a responsable do Centro para a Resiliencia Pousadoira, quen explicou entroutras cousas a relación entre o concepto de resiliencia e o inminente descenso enerxético causado polo Peak Oil.

O debate foi presentado e moderado pola xornalista especializada en temas medioambientais Rebeca Fernández Hermo e contou tamén coa presenza de dous expertos nos temas enerxéticos e alimentares como son Xoán Ramón Doldán, presidente da Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo, e Lidia Senra, histórica militante do Sindicato Labrego Galego.

Na canle de Galiza Ano Cero en Vimeo podedes ver o debate completo así como algún fragmento breve do debate coas opinións de Begoña de Bernardo.