O próximo sabado día 5 de abril pola mañá teremos un obradoiro de cultivo de cogumelos, impartido por Miguel ángel Rodríguez, de Micología Salvaterra
O obradoiro terá parte práctica e parte teórica. Ademáis os participantes levarán unha bolsiña de micelio para que poidan iniciar o seu propio cultivo na casa.
CONTIDOS DO TALLER
– Introdución
– Breve reseña histórica de funxicultura
– Composición nutritiva e propiedades medicinais
– Clasificación dos fungos (saprófitos, micorrícicos e parásitos)
– Morfoloxía, partes dunha seta e reproducción
– Factores de crecemento
– Obtención e multiplicación de micelio
– Cómo obter micelio en grao
– Fases xerais do cultivo (tipos de sustratos: troncos, palla, podas, etc., incubación e colleita)
Para os que non somos expertos recoñecendo setas, e para dispoñer delas todo o ano, este pode ser un método cómodo e seguro.
Cociña italiana, cultivo de setas e elaboración de cervexa caseira serán os próximos obradoiros que faceremos en Casa Pousadoira en marzo e abril.
Elaboración de pasta fresca e cociña italiana
O próximo 29 de marzo, sábado, teremos un obradoiro para aprender a elaborar pasta fresca na casa, e ademáis cociñaremos 7 recetas de cociña italiana, recetas coas que comeremos ao remate do curso, que se realizará ao longo da mañá, de 10 a 14 horas. Así que este curso ten un doble aliciente, aprender e degustar o aprendido. Tallarines, risotto, lasagna, tiramisú…
Contaremos para impartilo con Vanesa Oporto, profesora de cociña. Prezo: 40 euros
Cultivo de setas
O sábado seguinte, 5 de abril, teremos un obradoiro para aprender a cultivar setas na casa. Aprenderemos unha chea de cousas sobre os fungos, clasificación, morfoloxía, propiedades nutritivas, e por suposto cómo cultivalos nós mesmos, en troncos, en restos de podas, palla ou borras de café. Será tamén pola mañá de 10 a 14 horas, con pausa para un café.
Este curso impárteo Miguel Ángel Rodríguez, de Micología Salvaterrae costa 35.00 euros
Elaboración de cervexa caseira
O 12 e 13 de abril repetiremos o noso xa clásico curso de elaboración de cervexa. O ultimo tivemos que suspendelo así que o trasladamos para esta data. Aproveitade porque igual é o último curso de cervexa desta tempada. Coma sempre estará impartido por Miguel Anxo Abraira e durará día e medio, o sábado todo o día e o domingo pola mañá. Terá parte teórica e práctica, elaborando unha pequena partida de cervexa. Explícase o proceso desde o malteado do cereal.
O prezo é de 45.00 euros.
Agardamos que estas actividades resulten interesantes, e animámosvos a propoñernos outras.
Fiando Futuro
By continuing to use the site, you agree to the use of cookies. more information
The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.