Arquivos da etiqueta: cocina solar

Curso de Bioconstrucción

 

Curso Bioconstrucción 2014
Prácticas con barro en Pousadoira, Con Guido Tomasini

Durante os meses de novembro e decembro de 2014 e ao longo de 6 sesións de 5 horas cada unha, dende o Centro para a Resiliencia impartimos un curso de Bioconstrucción encargado pola Asociación de desenvolvemento rural MARIÑAS-BETANZOS, dentro do programa integrado para o emprego “BIOSFERA EMPREGA”.

Ao longo do curso tocáronse os temas básicos da bioconstrucción, dende os principios de deseño, até as técnicas constructivas, materiais etc. e mesmo se fixeron prácticas. As clases teóricas impartíronse na Fundación Juana de Vega, en San Pedro de Nós e as prácticas en Casa Pousadoira.

O curso foi impartido por Begoña de Bernardo, enxeñeira agrónoma. Para as prácticas con barro contamos coa colaboración de Guido Tomasini, experto bioconstructor. Tamén visitamos unha estufa de alto rendemento en construcción e fabricamos unha cociña solar.

cociña solar
Fabricando unha cociña solar
Curso de Bioconstrucción 2014
Facendo pinturas en Pousadoira

 

Obradoiro de construción de Fornos Solares de baixo custo, 1 de xuño de 2013

O día 1 de xuño disfrutaremos en Casa Pousadoira dunha xornada de diversión e aprendizaxe, mentres construimos un forno solar, onde cociñar alimentos coa enerxía do sol.

Cada vez faise máis necesario aforrar enerxía, por razóns ecolóxicas pero tamén económicas. Coma sempre a liña mestra que guía as nosas actividades é a de aumentar a capacidade das persoas para ser autosuficientes, para resolver as nesidades vitais por un mesmo.

Trai unha caixa de cartón e sairás cun forno para cociñar sin máis combustible que o do sol.

Pola mañá teremos unha pequena sesión teórica sobre fornos e cociñas solares, xantaremos con comida cociñada nun deles, (se fai sol), se non fai sol tamén xantaremos eh!, e pola tarde construiremos o noso propio forno solar.

Contaremos para esta actividade co profesor Juan Bello Llorente, sin dúbida un experto na materia.

CONTIDOS DO OBRADOIRO

  1. Qué e cómo cociñar co sol
  2. Características dos fornos solares de baixo custo
  3. Fornos e cociñas solares, tipoloxías e características
  4. Construcción de fornos solares

DATA E LUGAR: 1 de xuño de 2013, en Casa Pousadoira, Callobre, Miño A Coruña
PREZO:  40.00 euros con xantar incluido.
ESTE CURSO ESTÁ BONIFICADO CUN 40%DE DESCONTO PARA PERSOAS EN PARO

Máis información e reservas: info@pousadoira.com,  981777898   607767369