Arquivos da etiqueta: cervexa artesanal

Curso de elaboración de cervexa na casa

IMG_1756
Cervexa elaborada en Casa Pousadoira

Unha nova edición do noso curso de elaboración de cervexa terá lugar o 12 e 13 deste mes, e este xa será o último desta primavera. Así que se queredes presumir de cervexa artesá este verán feita por vós mesmos facede un oco, que aprender é moi sinxelo e facer a nosa propia cervexa algo moi asequible.

Coma sempre comenzaremos o sábado coas nocións teóricas pola mañá, e despois do xantar, no que cataremos cervexa artesán, continuaremos pola tarde facendo a práctica de elaboración, práctica que continuará o domingo pola mañá.  Explicarase todo o proceso, incluindo o malteado do cereal.

CONTIDOS DO CURSO

  1. Presentación do curso
  2. Visión global do proceso biotecnolóxico
  3. Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa
  4. Etapas na elaboración da cervexa
  5. Clausura do curso (embotellado da cervexa)

Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR

Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 12 e 13 de abril de 2014.
O 12 todo o dia e o 13 pola mañá.
LUGAR: Casa Pousadoira.
Pousadoira, Callobre Miño A Coruña

PREZO DO CURSO: 45.00 euros.
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido.
Comidas: 10.00 euros cada unha.
MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS.  981777898     607767369 ou info@pousadoira.com