Todolos artigos de: Webmaster

Resiliencia, Ecoloxía Profunda e Maindfulness 21 e 22 de maio de 2022

Os días 21 e 22 de maio teremos o primeiro obradoiro de Mainfullness aplicado a fomentar a nosa resiliencia individual e colectiva ante a crise ecosocial dos nosos tempos.  Será unha fin de semana intensiva, con catro sesións que conducirán Pepe Valverde Morán e Carola García, ambos profesores de mindfullness e con amplia experiencia.

 

 

Cultura, Arte e Resiliencia

Presentación dos libros OMGRA e Cada tres por cuatro

O venres 21 de maio de 2021 teremos no Centro para a Resiliencia Pousadoira a presentación de dúas obras.

A novela “Cada tres por cuatro”, do profesor David Núñez Túñez, Sada (1988), e o fancine OMGRA, do artista Riaq Miuq, (Catalunya 1993).

Con esta actividade queremos poñer de manifesto que é hora de relocalizar e resignificar tamén a cultura e a arte, e o ocio, no medio rural. Porque tamén forman parte da nosa vida, e apórtannos benestar e resiliencia. Este acto permitiranos encontrarnos, e disfrutar da compañía doutras, ademáis de vivir unha experiencia cultural e artística nun entorno rural, nun espazo aberto, amplo e tranquilo. Tamén reflexionar nos futuros posibles, nas vidas posibles, nun horizonte de valores e cosmovisións diferentes ás actuais.

Agardamósvos.

Contra a censura arbitraria de Facebook á divulgación da ciencia académica

Como resultado da censura de Facebook sobre diferentes blogs sobre o cambio climático, incluído este, un grupo de medios e persoas promoveron esta afirmación, que se publica hoxe simultaneamente en todos eles.

Español | Català | Euskera | English | French | Deutsch

Asinantes da declaración

Quen subscribimos este texto —un amplo grupo de persoas do ámbito da ciencia, a filosofía, a economía, a enxeñaría e a divulgación da crise ecolóxica e da crise climática e enerxética— denunciamos a censura por parte de Facebook de narrativas con base científica comprobable aínda que non coincidentes co discurso oficial que chega ao gran público e mais aos profesionais.

Así, a divulgadora científica británica Gaia Vince, que publica en Science, New Scientist e The Guardian, veu o seu web recentemente censurado por Facebook.

No Estado Español está censura vense de iniciar co bloqueo por parte de Facebook ás ligazóns ao blog sobre Mudanza Climática e temas relacionados Usted no se lo cree, de Ferran Puig Vilar, fundado en 2009 e galardonado pola Fundación Bioversidad, premio que fora entregado no seu día pola actual Ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.

Desde cando menos o pasado mes de agosto, cando unha persoa usuaria desexa partillar unha ligazón a un destes blogs, Facebook responde con distintas mensaxes de alerta indicando que estes sitios web non cumpren cos seus “community standards”, ou mesmo que realizan spam, sendo isto rotundamente falso. Isto causa un duplo dano: por unha banda fúrtase o acceso ás informacións publicadas por estes prestixiosos divulgadores; por outra, de maneira sibilina, proxéctase unha velada acusación de falsidade” sobre os contidos. En definitiva, silénciase e calúmniase.

As persoas que subscribimos esta denuncia, moitas de nós editoras tamén de diferentes espazos de comunicación e divulgación en Internet (véxase listaxe ao final), afirmamos que o rigor científico e a honestidade intelectual caracterizan o traballo de ambos estes dous autores de forma destacada, e denunciamos este ataque por parte da empresa Facebook á liberdade de expresión.

Así mesmo, compartimos as seguintes constatacións en relación coa crise civilizatoria e existencial en curso:

  • A gravidade da Mudanza Climática é moito meirande do que se adoita recoñecer nos medios de comunicación convencionais. Os acordos de París son manifestamente insuficientes, e mesmo contraproducentes.
  • A crise económica e social que se está a desenvolver é unha consecuencia da crise ecolóxica en, en particular, da ausencia de respostas á crise enerxética que comezara a mediados da pasada década e que de contado se ha incrementar e agravar de forma evidente e moi acelerada, segundo os mellores estudos científicos dos últimos anos.
  • As consecuencias da crise ecolóxica, climática e enerxética son existenciais. O irreparable dano que estamos a causar aos sistemas de soporte da vida na Terra, e á vida mesma, está virándose xa contra nós, e a crise enerxética (a raíz da fin da enerxía fósil abundante e da incapacidade das chamadas enerxías renovables” para a substituír en usos e escala) ha impedir a posta en marcha de respostas que se cadra noutrora foron viables.
  • actual paradigma socieconómico de desenvolvemento industrial, caracterizado polo seu curtopracismo e individualismo metodolóxico, resulta progresivamente disfuncional e é intrinsecamente incapaz de abordar estes problemas. Neste marco, a consideración da información como produto empece que estas cuestións, consideradas incómodas ou inaxeitadas para o propósito empresarial, cheguen ao gran público e poidan ser obxecto de debate aberto.
  • A tecnoloxía é necesaria para facilitar certos procesos individuais e sociais, así como para o progreso e a prosperidade da Humanidade. Porén, o discurso dominante que afirma que a tecnoloxía é a única resposta válida ou viable aos devanditos problemas é profundamente erróneo e altamente perigoso. Non hai —nin presumiblemente haberá — tecnoloxía avanzada que non requira do concurso da enerxía fósil, nin tampouco unha meirande complexidade tecnolóxica sen un aumento da enerxía neta e da dispoñibilidade dos materiais que os sistemas precisan para o seu deseño, fabricación, funcionamento e desmantelamento. E se, como estamos a comprobar, a enerxía neta diminúe e os diversos materiais escasean, non vai ser posible desenvolver á escala que sería precisa sistemas tecnolóxicos axeitados a tempo de evitar ou mesmo amortecer o dano.
  • O paradigma cultural confínanos nunha burbulla perceptiva intramuros que limita a consideración do dano ecolóxico e ético” extramuros. Mais o cerco estase a estreitar a gran velocidade; a actual pandemia nos está a amosar un exemplo moderado do que está por vir.

Moitas das persoas abaixo asinantes somos coñecidas e recoñecidas pola nosa actividade divulgativa de todos estes problemas de sustentabilidade. Compartimos niveis de formación e ocupación de alto ou moi alto nivel e responsabilidade. Non estamos a especular. Coñecemos ampla e profundamente os fundamentos e implicacións das proposicións que enunciamos e sabemos que as conclusións que dominan o discurso da sociedade non están fundamentadas na mellor ciencia dispoñible, ao non ter en consideración suficiente os límites físicos e sociais.

Aínda que o intre preciso no que esta crise multifactorial vaia ser publicamente percibida como a auténtica emerxencia global que constitúe sexa difícil de predicir con precisión, moitos e moitas cremos que nos atopamos xa inexorablemente inmersos nunha crise civilizatoria de orixe cultural e moral sen precedentes na historia da Humanidade.

En 2015, o manifesto Derradeira chamada , subscrito, entroutros por persoas da política —varias delas actualmente en cargos con responsabilidade de goberno— advertía:

“Hoxe acumúlanse as noticias que indican que a vía do crecemento é xa un xenocidio a cámara lenta. O declive na dispoñibilidade de enerxía barata, os escenarios catastróficos da mudanza climática e as tensións xeopolíticas polos recursos mostran que as tendencias de progreso do pasado están a crebarse. Fronte a este desafío non abondan os mantras cosméticos do desenvolvemento sustentábel, nin a mera aposta por tecnoloxías ecoeficientes, nin unha suposta economía verde que encobre a mercantilización xeralizada de bens naturais e servizos ecosistémicos”.

Quen subscribimos esta declaración e denuncia compartimos este diagnóstico, mais albergamos respostas diversas en relación á forma de abordarmos os problemas e retos aos que nos enfrontamos. Así e todo, un criterio que mantemos en común é a imperiosa e urxente necesidade dun decrecemento (material e enerxético) sistémico, ordeado, xusto e democrático, especialmente o dos países e individuos con máis alto poder adquisitivo, entre os que nos encontramos unha parte maioritaria das persoas do mundo occidental[1].

Son estes os principais responsables do acelerado deterioro da situación e da omisión dos descomunais riscos que representa para o desenvolvemento humano e para a vida presente e futura sobre o planeta, a maioría dos cales” seguen sen ter presenza de abondo nos medios de comunicación.

Con toda probabilidade son as nosas posición e obxeccións en contra do crecemento económico perpetuo como pilar fundamental do desenvolvemento humano, solidamente baseadas, as que motivan a censura das expresións libres que as describen con rigor. A ocultación á opinión pública da situación e da problemática que describimos e denunciamos é precisamente a causa de que o decrecemento e as propostas da Economía Ecolóxica aparezan aínda como insuficientemente desenvoltas.

En consecuencia, como resposta a este espurio e arbitrario comportamento de Facebook e como medida de protesta e de presión, algúns e algunhas de nós que aínda mantiñamos un perfil nesta rede social tomamos a decisión de cesar toda actividade nela.

Como colectivo esiximos aos responsables da rede social Facebook que respecten e liberdade de expresión e, singularmente, a de base científica, e que en calquera caso, restitúan a integridade e bo nome dos blogs censurados.

E finalmente, da mesma maneira, demandamos aos poderes públicos e” aos medios de comunicación que comecen a outorgan a estas perspectivas a importancia e a relevancia cruciais que resultan acordes coa gravidade da situación na que nos atopamos.

Declaración de referencia | In English

Academia

Ciencias económicas

Federico Aguilera Klink

Catedrático jubilado de Economía Aplicada
Universidad de La Laguna
Premio Nacional de Economía y Medio Ambiente, 2004

Federico Demaria

Doctor en Ciencias Económicas
Profesor de Economía Ecológica y Ecología Política
Institut de Ciència i Tecnologia Ambientals
Universitat Autònoma de Barcelona

José Anastasio Urra Urbieta

Doctor en Ciencias Económicas
Profesor Titular, Departamento de Dirección de Empresas
Director del Máster en Consultoría Estratégica
Facultad de Economía, Universitat de València

Blog LinkedIn: José Anastasio Urra Urbieta
Facebook: José Anastasio Urra Urbieta

Enric Tello Aragay

Historiador Ambiental
Catedrático de la Facultad de Economía y Empresa
Universitat de Barcelona

José Manuel Naredo Pérez

Doctor en Economía
Profesor “Ad Honorem”, Departamento de Urbanística y Ordenación del Territorio
ETS de Arquitectura, Universidad Politécnica de Madrid

Premio Nacional de Medio Ambiente 2000
Premio Internacional Geocrítica 2008
Panda de Oro 2011 (WWF)
Premio Fundación Fernando González Bernáldez, 2018

Óscar Carpintero

Doctor en Ciencias Económicas
Profesor Titular de Economía Aplicada
Universidad de Valladolid

Vicent Cucarella

Economista
Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas (Ivie), Técnico investigador
Actual Síndic Major, Sindicatura de Comptes, Comunitat Valenciana

Xoán R. Doldán García

Decano de la Facultad de Ciencias Económicas
Universidad de Santiago de Compostela

Ciencias físicas, ingeniería y matemáticas

Antonio Turiel Martínez

Doctor en Ciencias Físicas y Matemáticas, Investigador Sénior
Departamento de Física y Tecnología de los Océanos
Institut de Ciències del Mar, Consejo Superior de Investigaciones Cinetíficas (CSIC)
Blog: The Oil Crash
Canal Telegram: @TheOilCrash

Carlos de Castro Carranza

Doctor en Ingeniería
Profesor Titular del Departamento de Física Aplicada
Grupo de Energía, Economía y Dinámica de Sistemas (GEEDS)
Universidad de Valladolid

Blog del GEEDS

Jordi Solé i Ollé

Doctor en Ciències Físiques
Universitat Rovira i Virgili
Coordinador del projecte de recerca europeu MEDEAS sobre límits ecosistèmics
Conseller de l’Instituto Resiliencia

Blog: Tempus Fugit

Margarita Mediavilla Pascual

Doctora en Ciencias Físicas, Profesora Titular del Departamento de Física Aplicada
Grupo de Energía, Economía y Dinámica de Sistemas
Escuela de Ingeniería, Universidad de Valladolid

Blog: Habas contadas

Ciencias biológicas y ambientales

Olga Margalef Marrasé

Doctora en Ciencias Geológicas
Investigadora post-doctoral, CREAF
Profesora Asociada, Departamento de Geología
Universitat Autònoma de Barcelona

Marta Conde Puigmal

Investigadora Recercaixa
Universitat Pompeu Fabra
Marie Curie Fellow
ICTA-UAB (Institut de Ciència i Tecnologia Ambientals, Universitat Autònoma de Barcelona)
Research & Degrowth Association, Presidenta

Web Research & Degrowth

Otras ciencias naturales, arquitectura e ingeniería

Antonio Aretxabala Díez

Geólogo
Investigador, Departamento de Ciencias de la Tierra
Universidad de Zaragoza

Ex-director técnico, Laboratorio de Arquitectura
Universidad de Navarra
Delegado del Ilustre Colegio Oficial de Geólogos de España (ICOG) (2012-2016)
Comunidad Foral de Navarra

Blog: Antonio Aretxabala

Alberto Matarán Ruiz

Profesor de Urbanismo y Ordenación del Territorio
Universidad de Granada

Twitter: @Albertomataran

Antonio Serrano Rodríguez

Doctor Ingeniero de Caminos. Economista
Catedrático prejubilado de Urbanística y Ordenación del Territorio
Escuela Superior de Arquitectura
Universidad Politécnica de Madrid

Esteban de Manuel Jerez

Doctor en Arquitectura, Profesor Titular de la Universidad de Sevilla
Responsable del Grupo de investigación ADICI-HUM810
Director de la revista Hábitat y Sociedad

Blog: Esteban de Manuel Jerez

Filosofía y ciencias sociales

Carmen Madorrán Ayerra

Profesora, Departamento de Filosofía
Universidad Autónoma de Madrid

Carmen Velayos Castelo

Profesora titular, Filosofía Moral y Política
Universidad de Salamanca

Emilio Santiago Muiño

Doctor en Antropología, Profesor de Filosofía
Universidad de Zaragoza

Blog: Enfants perdidos

Marta Tafalla

Doctora en Filosofía
Profesora, Universidad Autónoma de Barcelona

Twitter: @TafallaMarta

Jordi Pigem Pérez

Doctor en Filosofía, especializado en Filosofía de la Ciencia. Ensayista.
Universitat de Barcelona

Jorge Riechmann Fernández

Doctor en Ciencias Políticas, Licenciado en Matemáticas, Poeta. Ensayista.
Profesor titular de Filosofía Moral
Departamento de Filosofía
Universidad Autónoma de Madrid

Codirector del Diploma de Especialización en Sostenibilidad, Ética Ecológica y Educación Ambiental
Codirector del Máster en Humanidades Ecológicas, Sustentabilidad y Transición Ecosocial
Universitat Politècnica de València / Universidad Autónoma de Madrid

Blog: Tratar de comprender, tratar de ayudar

José Albelda

Doctor en Bellas Artes
Codirector del Diploma de Especialización en Sostenibilidad, Ética Ecológica y Educación Ambiental
Codirector del Máster en Humanidades Ecológicas, Sustentabilidad y Transición Ecosocial
Universitat Politècnica de València / Universidad Autónoma de Madrid

Pablo Ángel Meira Cartea

Doctor en Ciencia de la Educación
Profesor Titular de Educación Ambiental
Universidad de Santiago de Compostela

Ciencias de la información

José Luis Piñuel Raigada

Catedrático Emérito, Facultad de Ciencias de la Información
Universidad Complutense de Madrid

Núria Almiron Roig

Profesora titular del Departamento de Comunicación, Universitat Pompeu Fabra
Directora del proyecto THINKClima

Web del proyecto THINKClima

Rogelio Fernández Reyes

Doctor en Periodismo. Universidad de Sevilla

Sector privado

Instituto Resiliencia

Manuel Casal Lodeiro

Presidente, Instituto Resiliencia, Galicia
Director, revista 15/15\15

Web de la Revista 15/15\15
Blog: (Des)varia materia

Esteban Bernatas Chassaigne

Consejero del Instituto Resiliencia

Estudios energéticos

Daniel Gómez Cañete

Presidente. Asociación para el Estudio de los Recursos Energéticos (AEREN)
Miembro del panel Internacional de The Association for the Study of Peak Oil and Gas (ASPO)

Pedro Prieto Pérez

Ingeniero de Telecomunicación
Vicepresidente. Asociación para el Estudio de los Recursos Energéticos (AEREN)
Miembro del panel Internacional de The Association for the Study of Peak Oil and Gas (ASPO)

Blog: Crisis energética

Periodismo y comunicación

Cristina Ribas

Professora associada de Periodisme digital
Universitat Pompeu Fabra
Expresidenta de la Associació Catalana de Comunicació Científica (ACCC)

Twitter: @cristinaribas

Ferran Puig Vilar

Ingeniero Superior de Telecomunicación
Consejero del Instituto Resiliencia
Ex-presidente Asociación de Prensa Profesional

Blog: Usted no se lo Cree

Francesc Baiges Planas

Periodista
Sicom (Solidaritat i Comunicació)

Frederic Pahisa i Fontanals

Periodista
Sicom (Solidaritat i Comunicació)

Josep Cabayol

Periodista
Director, Sicom (Solidaritat i Comunicació)

Jordi Vilardell Gómez

Periodista televisivo especializado en crisis climática y de biodiversidad

Santiago Álvarez Cantalapiedra
Doctor en Economía Internacional, Universidad Complutense de Madrid
Licenciado en Ciencias Económicas y Empresariales, Universidad de Valladolid
Director de la revista PAPELES de Relaciones Ecosociales y Cambio Global

Activismo

Juan Bordera Romá

Guionista
El Salto, CTXT.es
Red de transición de València

Begoña de Bernardo

Promotora del Centro para la Resiliencia Pousadoira
Presidenta de Véspera de Nada

Web del Centro para la Resiliencia Pousadoira

Francisco Segura

Coordinador confederal
Ecologistas en Acción

Javier Andaluz

Coordinador de energía y cambio climático
Ecologistas en Acción

Luis Domínguez Rodríguez

Grupo de decrecimiento “Hasta aquí hemos llegado

Luis González Reyes

Doctor en Ciencias Químicas
Ecologistas en Acción

Libro: En la espiral de la energía

Luis Rico

Coordinador confederal
Ecologistas en Acción

Marcos Rivero Cuadrado

La Transicionera

Moisès Casado

Extinction/Rebellion, Barcelona

Moisés Rubio Rosendo

Coordinador de Formación e Investigación
Solidaridad Internacional Andalucía

Pepa Úbeda

ATTAC València

Virginia Soler (Birch)

Fridays for Future
Canal YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCjqTWZUV0F0t5r5bjHSUbVw

Yayo Herrero

Antropóloga, Ingeniera
Foro Transiciones

Web del Foro Transiciones

Otros

Alberto Fraguas Herrero

Biólogo
Director Ejecutivo, Instituto de Estudios de la Tierra

David González

Sustraiak Habitat Design, País Vasco

Instituciones

Curso de procesado da la de ovella. 23 e 24 de novembro de 2019

CARTAZ CURSO LA POUSADOIRA 2019

O 23 e 24 de novembro de 2019 teremos unha nova edición do noso curso de procesado de la de ovella en Pousadoira. Coma noutras ocasións estará estruturado en tres obradoiros ben diferenciados, podendo @s participantes apuntarse a un, a dous ou aos tres. O curso desenvolverase ao longo da fin de semana, o sábado todo o día e o domingo pola mañá, e tamén coma sempre pódese quedar a durmir en Casa Pousadoira, e tamén xantar e cear.

Sábado 23 de 10 a 14 horas: Explicación teórica do procesado da la. Práctica de escarpizado, cardado con cardas manuais e cardadora de tambor, e fiado con fuso e con roda de fiar. Esta parte estará conducida por Begoña de Bernardo MIño, promotora do Centro para a Resiliencia Pousadoira

14 horas: Xantar

Sábado 23 de 16 a 20 horas: Bea Arias  do Fiadeiro será a encargada de levarnos polo mundo dos tinguidos. Explicación teórica dos principios do tinguido de tecidos con tintes naturais: tipos de fibras, tintes, mordientes, técnicas de tinguido e prantas tintóreas.  Madeixas de la tinguidas con tintes naturaisFaceremos prácticas de tinguido.

21 horas: Cea

Domingo 24 de 10 a 14 horas: Temos a sorte de contar unha vez máis con Sandra Vilas, creadora de Boina Galega, para elaborar unha prenda de feltro, outra maravillosa técnica para aproveitar a la.

PREZOS

Cada obradoiro por separado 25 euros, dous 50 euros e os tres 60 euros.

Xantar ou cea: 10 euros por persoa

Aloxamento con almorzo incluido en Casa Pousadoira: 20 euros por persoa en cuarto doble ou triple.

Non é preciso traer nada. Nos poñemos todos os materiais necesarios.

Información e inscripcións: info@pousadoira.com    981777898    607767369

Panexírico

Esta era Josephine Roosen, a intrépida holandesa, todo un carácter.

Ela escribeume en 2001 para vir no verán como voluntaria á nosa casa, intercambiar unhas horas de traballo por aloxamento e manutención. Ademáis quería practicar o idioma porque daba clases de español a holandeses.  Imaxinaba unha cativa estudante ou algo así. Cando chegou sorprendeume unha muller pequena, miúda e enrugada, de 65 anos, capaz de arrastrar a súa maleta a través de media Europa, para vir ata Pousadoira.

Dende entón, canda verán, durante alomenos 9 anos, Josephine volvía facer a longa viaxe en tren, (odiaba voar), e viña pasar 3 ou 4 semanas con nós. Levantábase cedo, un primeiro café e un  pouco de tai-chi no xardín, un segundo café con torradas, e a planchar, ou “arreglar el jardín”, que era o que máis lle gustaba. Logo aínda lle quedaba enerxía para coller a súa mochila e camiñar ata a piscina, non quería que a levase en coche, ou para pasar unha tarde cos nenos, ou para sacar o can de paseo, para volver cargada de flores silvestres coas que poñía un gran ramo ao chegar á casa… decía que vir traballar a Pousadoira dáballe paz.  Gustáballe durmir a sesta na hamaca no xardín, e ler ao caer da tarde, mentres bebía unha cervexa. Algunha tarde escribía cartas e postais a tantos amigos que tiña polo mundo. Tamén aquí nos trouxo as súas amigas, Will, Sophi, Lesli

Xa era unha clásica en Callobre, paseando, indo á piscina ao Tres e parando no bar a tomar a súa copa de brandy. Os seus ollos perspicaces, a súa tenacidade, a enorme curiosidade por saber todo, a súa sabia experiencia, a súa fortaleza, o bo humor, as conversas despóis de cear…

Queridísima Josephine, que o universo reciba os teus átomos e a túa inmensa enerxía, e que un vento do norte traia uns pouquiños ata Pousadoira para que se pousen no meu xardín, que tanto amabas coidar.

Begoña

Curso de procesado da lá. Fiado, feltrado, tinguido. 30/06 e 01/07 de 2018

Repetimos curso de procesado da lá. Traballaremos sobre o fiado, feltrado e tinguido. O curso desenvolverase duante o 30 de xuño, sábado, todo o día e o 01 de xullo pola mañá.

O sábado pola mañá explicaremos o proceso que seguimos para chegar do vellón ata o fío para tecer, e practicaremos a cardar e a fiar con fuso e con roda de fíar.

 

 

 

 

Pola tarde aprenderemos a feltrar, con Sandra Vilas, de Boina Galega

E finalmente o domingo pola mañá faceremos tincións da lá natural, tan bonitas coma sorprendentes, a base de herbas e flores, de elementos naturais que podemos atopar na nosa contorna.

Será Bea Arias quen nos guíe polos camiños dos tintes naturais

 

 

 

 

O custe de cada unha das tres partes do curso é de 25 euros por separado, 50 euros de dúas, e se vos apuntades ás tres 60 euros.

Coma sempre pódese quedar a xantar e a durmir en Casa Pousadoira. O custe do xantar e/ou cea é de 10 euros e a pernoctación de 20 euros por persoa en cuarto doble e 35 se é en uso individual.

Para máis información podedes escribirno a info@pousadoira.com ou chamar aos telefonos 981777898   607767369

Será na Casa Pousadoira, en Pousadoira, Callobre, MIño. Agardámosvos

Curso de procesado da lá. Fiado, tinguido, feltrado. Pousadoira, 4 e 5 de xuño de 2016

Novelos de lá de ovella
Lá de ovella fiada á man.

A lá das ovellas é un recurso fabuloso, que na actualidade a miúdo non é aproveitado. Aínda que laborioso, o procesado da lá é unha actividade moi creativa e agradecida, que nos dá grandes satisfaccións, ao permitirnos elaborar toda clase de tecidos. Fiada ou feltrada, tinguida de cores ou natural, será unha materia prima natural e agarimosa para multitude de prendas e tecidos. Dende mantas ata bolsos, prendas de vestir, accesorios… existen infinitas posibilidades de uso da lá.

No Centro para a Resiliencia Pousadoira temos claro que o procesado da lá é unha actividade a rescatar e poñer en valor, e por iso vimos organizando varios obradoiros en torno a esta materia. O próximo será este mes de xuño.

CONTIDOS:

Fiando na roda

Sábado 4 de xuño pola mañá:  Fiado de lá de ovella con fuso e con roda de fiar.  Partiremos de lá de ovella natural e aprenderemos a facer fío listo para tecer.  Tamén veremos o lavado e cardado da lá. Con Begoña de Bernardo, do Centro para a Resiliencia Pousadoira

Fieltrado de lá

Sábado 4 de xuño pola tarde: Obradoiro de iniciación ao feltrado.       Neste caso, a partires da lá faceremos un pano de feltro, utilizando as técnicas de mollado e con agulla, e elaboraremos unha pequena peza. Con Sandra Vilas, artesá téxtil e creadora de “Boina Galega”.

Lás tinguidas con tintes naturais

Domingo 5 de xuño pola mañá: Tinguido de lás con tintes naturais.  Para completar o traballo faceremos tintes e tinguidos. Bea Arias, a nosa alquimista, introduciranos no mundo dos tintes cun obradoiro onde repasará os tipos de fibras, os tintes, mordentes, as técnicas de tinguido, plantas tintóreas, e daranos algunha receta. Así mesmo faceremos algúns tinguidos .

Prezo do curso:  Cada obradoiro por separado 25.00 euros e apúntandose aos tres 50.00 euros

Xantar do sábado: 9.00 euros

Pernoctación en Casa Pousadoira de sábado a domingo con almorzo incluido: 20.00 euros persoa.

INFORMACIÓN E RESERVAS:  info@pousadoira.com,  981777898   607767369

 

 

 

 

 

 

 

 

Cómo iniciar a Transición Pospetróleo-Curso oficial 7 e 8 de maio de 2016

 

http://static.blogo.it/ecologiablog/ecologiablog_pueblos_en_transicion.jpg

Retomamos as actividades no Centro para a Resiliencia neste ano coa convocatoria deste importante curso da Rede de Transición.

É o primeiro que se organiza en Galicia e contaremos coa presenza de Juan del Río e Ana Huertas. Desenvolverase ao longo de dous días e agardamos que sexa unha experiencia moi intensa e ilusionante e que saiamos cargadas de enerxía transformadora para acometer a tan necesaria transformación económica e social que precisamos con urxencia.

Esta é unha ferramenta que nos pode facilitar ese arranque inicial que precisamos para iniciar proxectos transformadores no noso entorno máis próximo, que ás veces parece tan hostil. Aproveitemos a oportunidade.

A Transición é a resposta das comunidades de personas ao declive da Era Industrial, marcada polo Pico do Petróleo,  desde un presente que depende dos combustibles fósiles, o consumo desaforado, a destrucción do Planeta e as desigualdades entre os pobos, a outra realidade desexable basada na localización da produción, o uso da enerxía e os bens que se poden obter de maneira sostible do noso Planeta, a preeminencia da colectividade,  a recuperación das habilidades para a vida e a armonía co resto da Naturaleza.

O Movimiento de Transición é o esforzo colectivo de  máis persoas cada día, que optan por organizarse para facer fronte de maneira creativa ao desafío do Pico do Petróleo, o Cambio Climático e a Crise Económica, desenvolvendo iniciativas nas súas comunidades (barrios, pobos, illas, vecindarios, cidades…) que aumentan a capacidade de supervivencia e bon vivir, na  perspectiva dos importantes cambios que imos  vivir nos próximos anos, como consecuencia da decrecente disponibilidade das materias enerxéticas fósiles, o declive xeral dos recursos naturais e a alteración do clima.

CursoTransición_Mayo2016_A Coruña_Gallego

Lugar de realización do curso: Casa Pousadoira. Callobre Miño, A Coruña.

Datas: 7 e 8 de maio de 2016

Facilitado por: Juan del Río e Ana Huertas

Precio do curso:  110.00 euros, con posibilidade de 2 intercambios ao 50%

Plazas limitadas, data límite para inscribirse 24 de abril

Contacto: Begoña de Bernardo  981777898   607767369

info@pousadoira.com

Obradoiro de cultivo de cogumelos

Curso setas 2015

Novo curso de cultivo de cogumelos en Casa Pousadoira, para o 21 de novembro de 2015.  A mellor maneira  de estar seguros da especie de cogumelos que recollemos é cultivándoos nós mesmas. Unha maneira sinxela e deliciosa de comer cogumelos.

Aprenderemos diversas maneiras de cultivar capelos na casa, e tamén a micorrizar árbores.

O curso inclue unha bolsiña de micelio de Pleorotus e inóculo de Níscalos.

IMPARTIDO POR: Miguel Ángel Rodríguez,  de Micología Salvaterra

DATA: sábado, 21 de novembro de 2015, de 10:00 a 14:00 horas

LUGAR: Casa Pousadoira. Pousadoira 4 Callobre Miño  A Coruña

INSCRIPCIÓNS: info@pousadoira.com  ou nos los teléfonos 981777898   607767369 

Coma sempre  pódese quedar a xantar na casa, precio do xantar: 13.00 euros (incluirá cogumelos)

1º Encontro MULLERES EN TRANSICIÓN 20, 21 de xuño de 2015

CARTAZ ENCONTROEstamos inmersas nunha profunda crise multidimensional: crise económica e financeira, crise enerxética e de materiais, crise de coidados, que repercute desigualmente nas distintas partes do mundo, e tamén nas distintas capas sociais.

Estamos ante o fin dunha era, a industrial, e dun sistema económico, o capitalista. É tempo por tanto de mudanzas, de reflexións para tomarmos a iniciativa de qué mundo queremos construir.

O ecofeminismo enlazado co decrecemento pode aportar moito ao cambio de valores que precisamos para enfocar a vida desde unha perspectiva de calidade que nos permita sobrevivir dignamente a un posible colapso civilizatorio.

Neste 1º encontro propoñémonos unha reflexión a respeito do que precisamos para desenvolver e coidar a VIDA, unha vida plena que mereza ser vivida, tendo en conta un futuro en descenso enerxético e de crecemento material limitado.

Serán dous días de traballo, debate e reflexión, con lugar para o encontro con nós e entre nós, para divertirnos e agasallarnos e de onde agardamos que saian ideas e documentos para aportar ao debate público femista e decrecentista na Galiza.    Tex diptico (5) online   O prezo do encontro inclue: Asistencia a todas as conferencias e actividades, xantar e cea do sábado e xantar do domingo, servizo de asistencia para as crianzas. Pódese pernoctar na Casa Pousadoira (15.00 euros noite con almorzo incluido) e tamén hai espazo para algunha tenda.

Información e reservas: mulleresentransicion@gmail.com  ou 981777898    607767369

O evento en Facebook

AFORO LIMITADO