Todolos artigos de: info@pousadoria.com

Curso teórico-práctico de elaboración caseira de cervexa. Maio de 2012

Casa Pousadoira organiza para os dias 26 e 27 de maio un curso para aprender a facer a nosa propia cervexa na casa, cos utensilios que todos podemos ter nunha cociña normal, sin case ningún custe de inversión.

O curso vai dirixido a calquera persoa que queira aprender a facer cervexa a pequena escala, para consumo propio.

Coma sempre ofrecemos a posibilidade de quedar a durmir en Casa Pousadoira e por suposto de comer e cear.

CONTIDOS

  1. Presentación do curso
  2. Visión global do proceso biotecnolóxico
  3. Presentación dos ingredientes a usar na elaboración de cervexa
  4. Inicio da elaboración de cervexa caseira
  5. Etapas na elaboración da cervexa
  6. Clausura do curso (embotellado da cervexa)

Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR

Mª José Martelo Vidal: Enxeñeira Técnica Agrícola na especialidade de Industrias Agrarias e Alimentarias
Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 26 e 27 de maio
O 26 todo o dia e o 27 pola maña, remataremos co xantar.

PREZO DO CURSO: 40.00 euros
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido
Comidas: 8.00 euros cada unha

MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS:

info@pousadoira.com 981777898 607767369

Obradoiro de bioconstrución con palla. 2ª parte, rebocos

Para o mes de xaneiro está prevista a realización da segunda parte do “Obradoiro de Bioconstrucción con balas de palla” A primeira parte deste obradoiro tivo lugar no mes de outubro e consisteu na construcción dun alpendre de 20 m2 con balas de palla. En xaneiro impartirase esta 2ª parte, que consiste en dar os revocos a esta construcción.

Para ilo, imos contar coa presenza dun experto, como é Guido Tomassini, bioconstructor e artesán, que nos impartirá unha primeira clase teórica o sábado 14 pola mañá, e duante a tarde e mañá do domingo 15 practicaremos distintos rebocos e acabados sobre o terreo.

Coma sempre para os que se queden o sábado a durmir proxectaremos algún video/documental relacionado coa bioconstrucción.

PREZO DO OBRADOIRO: 65.00 euros
Aloxamento: 25.00 euros/persoa en cuarto doble con baño, almorzo incluido
Comidas: 8.00 euros /persoa

INFORMACIÓN E RESERVAS EN info@pousadoira.com ou nos teléfonos 981777898 607767369

2º Curso de Bioconstrución en Pousadoira

IMPARTIDO POR:

Carolina Martínez García: Arquitecta Técnica (http://bioconstruirme.blogspot.com/)

Gustavo Sánchez: Enxeñeiro Proxectista (http://www.gsmservizos.es/1.html)

Begoña de Bernardo Miño: Enxeñeira Agrónoma (http://www.pousadoira.com/)

O curso non se realizará senón hai un mínimo de 6 persoas

Para apuntarse: 981777898 607767369 info@pousadoira.com

Sábado 3 de decembro

  • 10.00 Conferencia: A terra, a nosa casa. Edificación e territorio. Construccións tradicionais.
  • 11.00 Recorrido por varias aldeas de Callobre: Pousadoira, Anido…. apreciando a colocación e distribución das construccións en función do medio de vida, aspectos como orientación, materiais, colocación dos cultivos, etc.
  • Visita ao Río do Medio, afluente do Lambre, para ver o aproveitamento enerxético do mesmo. Nun tramo moi curto veremos a existencia de até 7 muiños e unha pequena central hidroeléctrica.
  • 14.00 Xantar
  • 16.00 Sistemas constructivos en Bioconstrucción, (cimentacións, muros, cubertas)
  • 18.00 Sistemas de calefacción
  • 19.00 Síntese: sistemas enerxéticos renovables
  • 20.30 Cea
  • 22.00 Visualización dun documental sobre bioconstrucción

Domingo 4 de decembro

  • 10.00 Exemplos de boas prácticas
  • 11.30 Exercicio por grupos. Diseño dun pequeno edificio bioconstruido
  • 14.00 Xantar
  • 16.00 Visita á casa de palla e explicación “in situ”
  • División dunha bala de palla
  • Montaxe dunha esquina dun muro de palla: recoñecemento das distintas partes dun sistema autoportante.

PREZO DO CURSO: 60.00 euros
COMIDAS: 9.00 euros cada unha
ALOXAMENTO: 25.00 euros/noite

Obradoiro de Bioconstrución con Palla

Ola a todos e todas de novo. Despois dunha tempada sin usar este blog queremos reanimalo e será precisamente para comunicar iniciativas novas en casa Pousadoira. Para este outono planeamos un OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á BIOCONSTRUCCIÓN CON BALAS DE PALLA

Algunha vez pensaches en autoconstruirte unha casa? Téñennos afeitos a que pareza moi difícil pero sin embargo comprobaremos que é posible, con relativamente poucos recursos.

O obradoiro estruturarase en duas partes, unha para explicar e construir cimentación, muros e cuberta e outra para revocos.

DATAS:

Primeira parte: 15 e 16 de outubro

Segunda parte: 14 e 15 de xaneiro

CONTIDO:

Construiremos un alpendre no xardín de 20 m2 e cuberta a unha auga con balas de palla, utilizando o sistema Nebraska, incluíndo a colocación de porta e ventá.

  1. A construcción con palla
  2. Cimentacións
  3. Estructura e cubertas
  4. Rebocos e acabados
  5. Cuestións legais

Na primeira parte do curso incidirase máis na cimentación, estructura e cuberta e na segunda nos acabados.

O sábado pola noite visualizaremos documentais relacionados co tema ou con outros afíns e faceremos un MAGOSTO.

“Una granja para el futuro”
Video de Conferencia de Antonio Turiel sobre o Peak Oil.

PREZO:

1ª PARTE (15 e 16 de outubro):
Curso: 81.00 euros
Aloxamento: 20.00 euros en cuarto triple, 25.00 en cuarto doble e e 32.00 en cuarto individual
Comidas: 2 xantar, 1 cea, 1 almorzo: 24.00 euros

2ª PARTE (14 e 15 de xaneiro):
Curso: 65.00 euros
Aloxamento: 20.00 euros en cuarto triple, 25.00 en doble e 32.00 en cuarto individual
Comidas: 1 xantar, 1 cea, 1 almorzo: 16.00 euros
ESTES PREZOS INCLUEN: aloxamento en Casa Pousadoira a noite do sábado ao domingo, xantar e cea do sábado, almorzo e xantar do domingo na primeira parte e almorzo do domingo na segunda parte, xa que contamos acabar pola mañá. Material do curso. Certificado de asistencia.

PARA MÁIS INFORMACIÓN E RESERVAS: 981777898 OU info@pousadoira.com

Xa temos unha casa de palla

Desenvolveuse o obradoiro de bioconstrucción en Casa Pousadoira según o previsto. Feita a cimentación, levantáronse os muros con balas de palla e asentouse a estructura da cuberta. Instaláronse as vigas e pontóns e o entramado de palets, que se cubriron con cartón e cunha lámina impermeable transpirable. Até aquí chegamos de momento. Os muros están asentando e comprimíndose e queda pendente acabar a cuberta vexetal. Os muros recubríronse cun plástico para evitar que se mollen coa choiva.