Panexírico

Esta era Josephine Roosen, a intrépida holandesa, todo un carácter.

Ela escribeume en 2001 para vir no verán como voluntaria á nosa casa, intercambiar unhas horas de traballo por aloxamento e manutención. Ademáis quería practicar o idioma porque daba clases de español a holandeses.  Imaxinaba unha cativa estudante ou algo así. Cando chegou sorprendeume unha muller pequena, miúda e enrugada, de 65 anos, capaz de arrastrar a súa maleta a través de media Europa, para vir ata Pousadoira.

Dende entón, canda verán, durante alomenos 9 anos, Josephine volvía facer a longa viaxe en tren, (odiaba voar), e viña pasar 3 ou 4 semanas con nós. Levantábase cedo, un primeiro café e un  pouco de tai-chi no xardín, un segundo café con torradas, e a planchar, ou “arreglar el jardín”, que era o que máis lle gustaba. Logo aínda lle quedaba enerxía para coller a súa mochila e camiñar ata a piscina, non quería que a levase en coche, ou para pasar unha tarde cos nenos, ou para sacar o can de paseo, para volver cargada de flores silvestres coas que poñía un gran ramo ao chegar á casa… decía que vir traballar a Pousadoira dáballe paz.  Gustáballe durmir a sesta na hamaca no xardín, e ler ao caer da tarde, mentres bebía unha cervexa. Algunha tarde escribía cartas e postais a tantos amigos que tiña polo mundo. Tamén aquí nos trouxo as súas amigas, Will, Sophi, Lesli

Xa era unha clásica en Callobre, paseando, indo á piscina ao Tres e parando no bar a tomar a súa copa de brandy. Os seus ollos perspicaces, a súa tenacidade, a enorme curiosidade por saber todo, a súa sabia experiencia, a súa fortaleza, o bo humor, as conversas despóis de cear…

Queridísima Josephine, que o universo reciba os teus átomos e a túa inmensa enerxía, e que un vento do norte traia uns pouquiños ata Pousadoira para que se pousen no meu xardín, que tanto amabas coidar.

Begoña