Achégase o verán así que é tempo de facer cervexa. O próximo 19 de abril teremos en Pousadoira un novo curso de elaboración de cervexa caseira. Será unha única xornada, na que se elaborará unha partida de cervexa e se impartirán as explicacións teóricas durante os tempos mortos que hai durante a elaboración.
CONTIDOS DO CURSO
- Nocións básicas
- Visión global do proceso biotecnolóxico
- Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa
- Etapas na elaboración da cervexa
- Embotellado
IMPARTIDO POR
Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.
DATA: 19 de abril de 2015
LUGAR: Casa Pousadoira. Pousadoira, Callobre Miño A Coruña
PREZO DO CURSO: 40.00 euros. Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido. Comidas: 10.00 euros cada unha. MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS. 981777898 607767369 ou info@pousadoira.com