Identificación e usos das plantas medicinais máis frecuentes no noso entorno. 15 e 16 de xuño de 2013

Dada a boa acollida que tivo o ano pasado o curso de plantas medicinais repetimos este ano. Durante a primavera e principios do verán os campos están cheos de herbas e flores que poden servir como remedios para as máis diversas doenzas. Aprenderemos, de novo con Noa Vázquez Rendal, a identificar unha boa cantidade destas plantas, primeiro nunha sesión teórica e logo no campo, recolectaremos algunhas delas e prepararemos algúns remedios.

PROGRAMACIÓN

Sábado 15 de xuño

  1. Breve historia da fitoterapia
  2. Plantas máis utilizadas nas doenzas máis frecuentes
  3. Principais plantas medicinais en Galicia e usos
  4. Familiarización coas guías de plantas. Conceptos botánicos básicos
  5. Saida ao campo para o recoñecemento e recolección de plantas
  6. Cómo elaborar un herbario

Domingo 16 de xuño

  1. Tratamento das plantas medicinais recollidas
  2. Formas de aplicación das plantas medicinais
  3. Prácticas: elaboración de infusións, decoccións, tinturas, cataplasmas, aceites, etc.

IMPARTIDO POR Noa Vázquez Rendal. Licenciada en Bioloxía Ambiental e en Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos. Experta en Fitoterapia e Nutrición.

PREZO: 45.00 euros
COMIDAS: 8 euros cada unha
ALOXAMENTO noite do sábado máis almorzo do domingo: 20.00 euros persoa en cuarto doble

INSCRIPCIÓNS: 981777898   607767369   info@pousadoira.com 

Introdución á permacultura, agricultura ecolóxica e bioconstrución. Xuño de 2013

Curso de introducción á permacultura, agricultura ecolóxica e bioconstrucción.
Casa Pousadoira, Callobre, Miño, A Coruña. 
8 e 9 de xuño, 22 e 23 de xuño de 2013

A permacultura é unha ciencia de deseño integral de entornos humanos sostibles. Abarca polo tanto as nosas relacións co entorno natural e mesmo con outras persoas. Non é algo simple, pero sí necesario para a nosa supervivencia xa que por outra banda a permacultura é unha resposta efectiva ante os límites de enerxía e recursos, que nos mostra o camiño para facer os cambios necesarios para vivir nunha era post-industrial. Por eso a permacultura, identificada nun primeiro momento cunha determinada maneira de facer agricultura, é hoxe en día un termo que abrangue moito máis. O manexo da terra, as construccións, as persoas e as maneiras en que se organizan e se relacionan coa natureza e entre sí son algúns dos aspectos que interesan.

Queremos achegarnos a este concepto no próximo curso que imos facer en Casa Pousadoira. Será o 8 e 9 de xuño, cunha “Introducción á permacultura. Agricultura ecolóxica” por parte de Gustavo Sánchez e Begoña de Bernardo. Este curso terá unha segunda parte o 22 e 23 de xuño, onde nos centraremos noutro aspecto da permacultura, que é a Bioconstrucción.

CONTIDOS

Sábado 8 

Introdución á permacultura

  1. Fundamentos da permacultura.
  2. Éticas e principios.
  3. Actuando sobre os elementos:
    Auga, solo, residuos, recursos, …
  4. Criterios de deseño.
    – Elaboración dun deseño nas instalacións e no entorno de Casa Pousadoira.

Agricultura ecolóxica, centrada na horta

  1. Fertilidade da terra, manexo
  2. Ferramentas e laboreo tradicional, tracción animal
  3. Materia orgánica: compost, acolchados  e abonos verdes
  4. Cultivos: elección de variedades, sementes, rotacións, asociacións de cultivos
  5. Doenzas das plantas e plantas silvestres.

Domingo 9

Prácticas na horta

  1. Realización de compost
  2. Realización dunha hügelkultur
  3. Preparación dun bancal de cultivo
  4. Elaboración dun purín de ortigas

Sábado 22

  1. A bioconstrucción como necesidade, construcción saudabeis e de baixo consumo de materiais e enerxia.
  2. Deseño permacultural da nosa vivenda
  3. Técnicas constructivas con palla e terra.
    – Método Nebrasca, método GREB, construcción de cob
  4. Fabricación de adobes, teoría e práctica

Domingo 23

  1. Práctica de realización de rebocos de barro en construcción existente.
  2. Montaxe dunha esquina con balas de palla.

Coma sempre poderase quedar a xantar e cear na casa e tamén a durmir previa reserva.

PREZO DOS CURSOS
60.00 euros cada un, facendo os dous 100.00 euros en total
Comidas: 8.00 euros
Aloxamento: 15.00 euros en cuarto doble.

Máis información e reservas no correo info@pousadoira.com ou nos teléfonos 981777898   607767369

O mes de xuño cheo de actividades en Pousadoira

Curso de Iniciación á Permacultura. Horta ecolóxica
Construcción dunha casa de palla durante o curso de Biconstrucción de 2011

Durante o mes de xuño imos ter cursos todas as fins de semana. Empezamos o día 1 co Obradoiro para construir un forno solar  A seguinte fin de semana, o 8 e 9 de xuño teremos un curso de Iniciación á Permacultura, e dentro desta ciencia tan amplia centrarémonos no cultivo da terra e na horta ecolóxica concretamene. Este enfoque permacultural continuará o 22 e 23 de xuño coa segunda parte deste curso, onde imos ver as principais tecnicas es materiais de Bioconstrucción. E o 15 e 16 de xuño repetiremos o curso sobre plantas medicinais que xa fixemos o ano pasado, con identificación e usos máis frecuentes das plantas medicinais que podemos atopar ao noso arredor. Coma sempre os nosos cursos teñen parte teórica e parte práctica e salvo o de forno solar desenvólvense ao longo do sábado e o domingo pola mañá.

Curso de plantas medicinais en Casa Pousadoira

Obradoiro de construción de Fornos Solares de baixo custo, 1 de xuño de 2013

O día 1 de xuño disfrutaremos en Casa Pousadoira dunha xornada de diversión e aprendizaxe, mentres construimos un forno solar, onde cociñar alimentos coa enerxía do sol.

Cada vez faise máis necesario aforrar enerxía, por razóns ecolóxicas pero tamén económicas. Coma sempre a liña mestra que guía as nosas actividades é a de aumentar a capacidade das persoas para ser autosuficientes, para resolver as nesidades vitais por un mesmo.

Trai unha caixa de cartón e sairás cun forno para cociñar sin máis combustible que o do sol.

Pola mañá teremos unha pequena sesión teórica sobre fornos e cociñas solares, xantaremos con comida cociñada nun deles, (se fai sol), se non fai sol tamén xantaremos eh!, e pola tarde construiremos o noso propio forno solar.

Contaremos para esta actividade co profesor Juan Bello Llorente, sin dúbida un experto na materia.

CONTIDOS DO OBRADOIRO

  1. Qué e cómo cociñar co sol
  2. Características dos fornos solares de baixo custo
  3. Fornos e cociñas solares, tipoloxías e características
  4. Construcción de fornos solares

DATA E LUGAR: 1 de xuño de 2013, en Casa Pousadoira, Callobre, Miño A Coruña
PREZO:  40.00 euros con xantar incluido.
ESTE CURSO ESTÁ BONIFICADO CUN 40%DE DESCONTO PARA PERSOAS EN PARO

Máis información e reservas: info@pousadoira.com,  981777898   607767369