Ola a todos e todas de novo. Despois dunha tempada sin usar este blog queremos reanimalo e será precisamente para comunicar iniciativas novas en casa Pousadoira. Para este outono planeamos un OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á BIOCONSTRUCCIÓN CON BALAS DE PALLA
Algunha vez pensaches en autoconstruirte unha casa? Téñennos afeitos a que pareza moi difícil pero sin embargo comprobaremos que é posible, con relativamente poucos recursos.
O obradoiro estruturarase en duas partes, unha para explicar e construir cimentación, muros e cuberta e outra para revocos.
DATAS:
Primeira parte: 15 e 16 de outubro
Segunda parte: 14 e 15 de xaneiro
CONTIDO:
Construiremos un alpendre no xardín de 20 m2 e cuberta a unha auga con balas de palla, utilizando o sistema Nebraska, incluíndo a colocación de porta e ventá.
- A construcción con palla
- Cimentacións
- Estructura e cubertas
- Rebocos e acabados
- Cuestións legais
Na primeira parte do curso incidirase máis na cimentación, estructura e cuberta e na segunda nos acabados.
O sábado pola noite visualizaremos documentais relacionados co tema ou con outros afíns e faceremos un MAGOSTO.
“Una granja para el futuro”
Video de Conferencia de Antonio Turiel sobre o Peak Oil.
PREZO:
1ª PARTE (15 e 16 de outubro):
Curso: 81.00 euros
Aloxamento: 20.00 euros en cuarto triple, 25.00 en cuarto doble e e 32.00 en cuarto individual
Comidas: 2 xantar, 1 cea, 1 almorzo: 24.00 euros
2ª PARTE (14 e 15 de xaneiro):
Curso: 65.00 euros
Aloxamento: 20.00 euros en cuarto triple, 25.00 en doble e 32.00 en cuarto individual
Comidas: 1 xantar, 1 cea, 1 almorzo: 16.00 euros
ESTES PREZOS INCLUEN: aloxamento en Casa Pousadoira a noite do sábado ao domingo, xantar e cea do sábado, almorzo e xantar do domingo na primeira parte e almorzo do domingo na segunda parte, xa que contamos acabar pola mañá. Material do curso. Certificado de asistencia.
PARA MÁIS INFORMACIÓN E RESERVAS: 981777898 OU info@pousadoira.com