Dada a boa acollida que tivo o ano pasado o curso de plantas medicinais repetimos este ano. Durante a primavera e principios do verán os campos están cheos de herbas e flores que poden servir como remedios para as máis diversas doenzas. Aprenderemos, de novo con Noa Vázquez Rendal, a identificar unha boa cantidade destas plantas, primeiro nunha sesión teórica e logo no campo, recolectaremos algunhas delas e prepararemos algúns remedios.
PROGRAMACIÓN
Sábado 15 de xuño
- Breve historia da fitoterapia
- Plantas máis utilizadas nas doenzas máis frecuentes
- Principais plantas medicinais en Galicia e usos
- Familiarización coas guías de plantas. Conceptos botánicos básicos
- Saida ao campo para o recoñecemento e recolección de plantas
- Cómo elaborar un herbario
Domingo 16 de xuño
- Tratamento das plantas medicinais recollidas
- Formas de aplicación das plantas medicinais
- Prácticas: elaboración de infusións, decoccións, tinturas, cataplasmas, aceites, etc.
IMPARTIDO POR Noa Vázquez Rendal. Licenciada en Bioloxía Ambiental e en Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos. Experta en Fitoterapia e Nutrición.
PREZO: 45.00 euros
COMIDAS: 8 euros cada unha
ALOXAMENTO noite do sábado máis almorzo do domingo: 20.00 euros persoa en cuarto doble
INSCRIPCIÓNS: 981777898 607767369 info@pousadoira.com