Curso de elaboración de cerveza en casa, 1y 2 de noviembre de 2013

Elaboración casera de cerveza
Cocendo o cereal

Preparamos un novo curso de elaboración de cervexa artesanal na casa, para o 1 e 2 de novembro.
Coma sempre, elaboraremos unha partida de cervexa con todos os que asistan.

Ao longo dos dous días de duración do curso haberá unha parte teórica e logo facerase a elaboración. Aprenderemos a facer a cervexa desde cero, realizando nós mesmos todo o proceso, dende o malteado do cereal. E por suposto a cata.

Quitando a espuma da cervexa que está fermentando

Aquí pode verse un caldeiro de cervexa en proceso de fermentación. Escoller as levaduras axeitadas según a temperatura de fermentación ou o tipo de cervexa que queiramos facer é unha das cuestións máis delicadas e bonitas á hora de facer a nosa cervexa.

CONTIDOS DO CURSO

  1. Presentación do curso
  2. Visión global do proceso biotecnolóxico
  3. Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa
  4. Etapas na elaboración da cervexa
  5. Clausura do curso (embotellado da cervexa)

Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR

Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 1 e 2 de novembro de 2013.

O 1 todo o dia e o 2 pola mañá.

LUGAR: Casa Pousadoira
Pousadoira, Callobre Miño A Coruña

PREZO DO CURSO: 45.00 euros.

Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido.
Comidas: 8.00 euros cada unha

MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS:info@pousadoira.com   981777898   607767369.