Preparamos un novo curso de elaboración de cervexa artesanal na casa, para o 1 e 2 de novembro.
Coma sempre, elaboraremos unha partida de cervexa con todos os que asistan.
Ao longo dos dous días de duración do curso haberá unha parte teórica e logo facerase a elaboración. Aprenderemos a facer a cervexa desde cero, realizando nós mesmos todo o proceso, dende o malteado do cereal. E por suposto a cata.
Aquí pode verse un caldeiro de cervexa en proceso de fermentación. Escoller as levaduras axeitadas según a temperatura de fermentación ou o tipo de cervexa que queiramos facer é unha das cuestións máis delicadas e bonitas á hora de facer a nosa cervexa.
CONTIDOS DO CURSO
- Presentación do curso
- Visión global do proceso biotecnolóxico
- Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa
- Etapas na elaboración da cervexa
- Clausura do curso (embotellado da cervexa)
Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.
IMPARTIDO POR
Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.
DATAS: 1 e 2 de novembro de 2013.
O 1 todo o dia e o 2 pola mañá.
LUGAR: Casa Pousadoira.
Pousadoira, Callobre Miño A Coruña
PREZO DO CURSO: 45.00 euros.
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido.
Comidas: 8.00 euros cada unha
MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS:info@pousadoira.com 981777898 607767369.