Acerca do Centro para a Resiliencia

A RESILIENCIA é un termo que se aplica a moitas disciplinas. En ecoloxía é a capacidade das comunidades de soportar impactos ou perturbacións ambientais, de adaptarse e recuperarse adquirindo novas ferramentas e capacidades. Centro para a Resiliencia Pousadoira Este é o último proxecto que estamos a poñer en marcha. Dende fai uns anos xa facémonos conscientes de que a gran crise que estamos a vivir ten un calado sin precedentes e de que estamos fronte a un fin de era, no que será necesario cambiar profundamente a nosa maneira de producir e consumir. Chegamos a aqueles “Limites do cremento” e enfrontámonos a unha crise de recursos, da que o expoñente máis salientable é o Cenit do petróleo ou Peak Oil pero que tamén atinxe a outras materias primas, que pode facer que a nosa organización social colapse. Entón xúrdenos a necesidade de dar a coñecer esto e facer o que estea na nosa man para facernos máis resilientes precisamente, como individuos pero tamén como comunidade, porque só así poderemos superar este reto. Nun primeiro momento esta necesidade levounos a organizar cursos aquí na casa encamiñados todos eles a aumentar a resiliencia, a nosa autosuficiencia, a facernos menos dependentes dos insumos externos. Cursos de bioconstrucción, de plantas medicinais, de instalacións fotovoltaicas, de conservas caseiras… Agora decidimos que esto debería ter un corpo máis definido e unha orientación máis ampla e por iso creamos o CENTRO DE RESILIENCIA DE POUSADOIRA, (CRP) co ánimo de informar, divulgar, formar para a superación deste impás civilizatorio.

Non se pode dar un crecemento sostible. from Galiza Ano Cero on Vimeo.

Fiando Futuro

By continuing to use the site, you agree to the use of cookies. more information

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close