Novo curso de cultivo de cogumelos en Casa Pousadoira, para o 21 de novembro de 2015. A mellor maneira de estar seguros da especie de cogumelos que recollemos é cultivándoos nós mesmas. Unha maneira sinxela e deliciosa de comer cogumelos.
Aprenderemos diversas maneiras de cultivar capelos na casa, e tamén a micorrizar árbores.
O curso inclue unha bolsiña de micelio de Pleorotus e inóculo de Níscalos.
IMPARTIDO POR: Miguel Ángel Rodríguez, de Micología Salvaterra
DATA: sábado, 21 de novembro de 2015, de 10:00 a 14:00 horas
LUGAR: Casa Pousadoira. Pousadoira 4 Callobre Miño A Coruña
INSCRIPCIÓNS: info@pousadoira.com ou nos los teléfonos 981777898 607767369
Coma sempre pódese quedar a xantar na casa, precio do xantar: 13.00 euros (incluirá cogumelos)