O próximo sabado día 5 de abril pola mañá teremos un obradoiro de cultivo de cogumelos, impartido por Miguel ángel Rodríguez, de Micología Salvaterra
O obradoiro terá parte práctica e parte teórica. Ademáis os participantes levarán unha bolsiña de micelio para que poidan iniciar o seu propio cultivo na casa.
CONTIDOS DO TALLER
– Introdución
– Breve reseña histórica de funxicultura
– Composición nutritiva e propiedades medicinais
– Clasificación dos fungos (saprófitos, micorrícicos e parásitos)
– Morfoloxía, partes dunha seta e reproducción
– Factores de crecemento
– Obtención e multiplicación de micelio
– Cómo obter micelio en grao
– Fases xerais do cultivo (tipos de sustratos: troncos, palla, podas, etc., incubación e colleita)
Para os que non somos expertos recoñecendo setas, e para dispoñer delas todo o ano, este pode ser un método cómodo e seguro.