6º Curso de elaboración de cervexa 8 e 9 de marzo de 2014. Miño, A Coruña

Empezamos a tempada dos cursos de primavera en Casa Pousadoira. E empezamos cun clásico xa, que é o noso curso de elaboración de cervexa caseira.

Mirando a densidade.

Este é un curso que dura un día e medio, o sábado todo o día e o domingo pola mañá. Consta dunha parte teórica, onde se repasan as materias primas que interveñen na elaboración da cervexa, (cereais, lúpulos, levaduras...), e o proceso de elaboración, incluido o malteado do cereal. A continuación elabórase unha partida de cervexa, que ao finalizar o curso queda fermentando. Aqueles que o desexen poden vir un par de semanas despois ao embotellado da mesma.

Coma sempre podese quedar a durmir na casa e máis a xantar e/ou cear o sábado.

Facendo unha cervexa de frambuesa.

CONTIDOS DO CURSO

  1. Presentación do curso
  2. Visión global do proceso biotecnolóxico
  3. Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa
  4. Etapas na elaboración da cervexa
  5. Clausura do curso (embotellado da cervexa)

Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR

Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 8 e 9 de marzo de 2014.
O 8 todo o dia e o 9 pola mañá.
LUGAR: Casa Pousadoira.
Pousadoira, Callobre Miño A Coruña

PREZO DO CURSO: 45.00 euros.
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido.
Comidas: 10.00 euros cada unha.
MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS.