Os días 11 e 12 de maio realizaremos en Casa Pousadoira un curso para aprender a elaborar na casa
conservas de alimentos de forma eficaz e segura.
Dende sempre os seres humanos de todas as culturas e latitudes fixeron tratamentos dos alimentos para que estes non se deteriorasen e se conservasen máis tempo aptos para ser consumidos. Salgaduras, fermentacións, desecados, embutidos, e un longo etc. de tratamentos que fan que dun xeito ou doutro poidamos consumilos en boas condicións durante máis tempo.
Cada vez hai máis xente que se anima a cultivar froitas e hortalizas, mesmo en pequenos espazos. Todos
sabemos da abundancia puntual que proporcionan os nosos cultivos, e do saborosos que están e gustaríanos poder conservalos para non desperdiciar nada e poder seguir disfroitando deles. Ás veces tamén ocorre que hai épocas en que podemos atopar un alimento no mercado a moi bo prezo (como sucede co bonito), e o resto do ano non o hai, así que sería útil poder mercalo nese momento e conservalo nós
mesmos.
Pero para facer esto temos que estar seguros do que facemos, para conservar os alimentos nas mellores
condicións, respecto das súas propiedades nutritivas, e para conservalos dun xeito seguro para a nosa saúde chega con saber unhas cantas cousas e ser coidadosos na elaboración das nosas conservas.
Daldea Pousadoira, empresa irmán de Casa Pousadoira, elabora conservas vexetais artesanais dende fai 10
anos, e contaremos con esta experiencia para aprender o imprescindible para facer as nosas conservas na casa.
CONTIDOS DO CURSO
Introdución á conservación de alimentos
- Composición dos alimentos
- Deterioro dos alimentos. A oxidación, o enranciamento, microorganismos
Perigos para a saúde na conservación de alimentos e cómo evitalos
- Patóxenos
- O Ph
Métodos de conservación de alimentos
- Microorganismos útiles
- Desecación
- Conservas de vexetais ao natural
- Encurtidos en vinagre
- Marmeladas e confituras
- Conservas de peixe e carne
- Conxelación
PRACTICAS
- Elaboración dunha marmelada en conserva
- Elaboración de salsa de tomate en conserva
- Elaboración de mexillóns en conserva
- Escabeche de peixe en conserva
DURACIÓN E LUGAR
Sábado todo o día e domingo pola mañá. En Casa Pousadoira, Callobre, Miño
A Coruña
11 e 12 de maio de 2013
PREZO: 50.00 euros
INFORMACIÓN E RESERVAS: info@pousadoira.com 981777898 607767369