Casa Pousadoira organiza para os dias 8 e 9 de decembro un novo curso para
aprender a facer a nosa propia cervexa na casa, cos utensilios que todos
podemos ter nunha cociña normal, sin case ningún custe de inversión.
O curso vai dirixido a calquera persoa que queira aprender a facer cervexa a pequena escala, para consumo propio.
Coma sempre ofrecemos a posibilidade de quedar a durmir en Casa Pousadoira e por suposto de comer e cear.
CONTIDOS
- Presentación do curso
- Visión global do proceso biotecnolóxico
- Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa
- Etapas na elaboración da cervexa
- Clausura do curso (embotellado da cervexa)
Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos
na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.
IMPARTIDO POR
Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia
experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma
bebidas e conservas vexetais.
DATAS: 8 e 9 de decembro
O 8 todo o dia e o 9 pola maña, remataremos co xantar.
PREZO DO CURSO: 40.00 euros
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido
Comidas: 8.00 euros cada unha
MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS: info@pousadoira.com 981777898 607767369