O proxecto
No ano 1995 abría a suas portas ao público CASA POUSADOIRA, unha casa de turismo rural que formaba parte dunha explotación agrícola familiar ao norte da provincia de A Coruña e que se convertía ao mesmo tempo en vivenda dos propietarios, e no comenzo dun proxecto global de recuperación e posta en valor desta unidade agrícola abandonada nese momento. Foi unha elección dun xeito de vida ao que nos levou a querencia pola terra e o medio rural, e o desexo de vivir e traballar neste medio e de xenerar alternativas nel. Despois de 20 anos, seguimos niso. Case ao mesmo tempo, un par de anos antes, xa foran inscritas algunhas leiras (2000 m2) no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica, para a producción de hortalizas para consumo propio e no comedor da casa. No noso obradoiro, moi perto da casa de turismo rural, elaboramos de xeito ecolóxico conservas vexetais coma marmeladas ou tomate, comercializadas baixo a marca DALDEA POUSADOIRA. Agardamos que toda esta idea que se vai facendo realidade pouco a pouco vos cautive e vos anime a visitarnos.